Titerehop, actividade para adolescentes en Ribeira
O próximo sábado 14 de abril, no marco do programa de dinamización lingüística FalaRedes, e coa colaboración do Concello de Ribeira, terá lugar o espectáculo/obradoiro Titerehop, dirixido a adolescentes de 13 a 18 anos e centrado na cultura hip-hop.
Titerehop contará coa participación do rapeiro García e mais dos monicrequeiros de Viravolta.
A actividade é gratuita e levaranse a cabo dúas representacións:
- unha pola mañá, de 11:00 a 13:00 h
- e outra pola tarde, de 17:00 a 19:30 h.
O lugar será o Polideportivo do CEIP O Grupo (R/ Miguel Rodríguez Bautista, 22)
Para inscribirse na actividade cómpre encher un formulario que pode descargarse desde a páxina web do Concello de Ribeira.
Tomado de :http://iesleliadoura.blogspot.com.es