Titerehop en Marín
Na Alameda Municipal ou no multiusos da praza de abastos de Marín se hai mal tempo, o vindeiro día 1 de maio, ás 19:30 horas desenvolverase unha actividade que se desenvolve en concellos pertencentes á Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia co obxectivo de dinamizar o uso da lingua galega nos adolescentes de 13 a 17 anos. A actividade céntrase no uso da lingua galega en accións que resulten atractivas para os mozos e mozas, neste caso o hip-hop.